Centro de protección animal

REFUXIO DE MOUGÁ

Benvidas/os!

O Refuxio de Mougá, en Ferrol, é un centro de recollida e protección animal que traballa para ofrecer unha segunda oportunidade aos animais abandonados ou perdidos.

As nosas instalacións están preparadas para acoller, coidar e atender cans e gatos, promovendo a adopción responsable e garantindo o seu benestar ata que atopen un novo fogar. Traballamos cada día xunto ás persoas voluntarias e ás administracións para construír un futuro mellor para eles.

Queres cambiar unha vida?

Luna

Son unha cadeliña de 12 aniños. Son pequena e moi agarimosa… Teño moito que ensinarte! Dásme unha oportunidade?

Tod

Teño 3 anos e levo desde maio de 2023 no refuxio. Son un can con moita enerxía que poida darme toda a actividade que preciso.

Tex

Teño 6 anos e cheguei en abril de 2026. Son un can moi bo, doce e agarimoso ao que lle encanta estar coa xente e repartir cariño a todas horas.

Romeo

Cheguei ao refuxio con só un mes e agora teño 5 meisiños. Vivo moi feliz con outros gatos e teño esa personalidade tan bigotuda: cando quero, son un amoroso!

Kazu

Son un siamés de 2 aniños que adora á xente. Sempre ando buscando mimos e estou máis que acostumado a convivir tanto con gatos como con cans.

Resi

Teño 6 anos e levo un no refuxio. Son cega, pero iso non me impide facer unha vida totalmente normal! Ademais, estou superacostumada a convivir con outros gatiños.

O proceso de adopción en Mougá

Últimas novas

Consulta as nosas últimas novas

  • All Posts
  • Biking
  • Camping
  • Hiking
  • Sin categoría
  • Surfing