Coñécenos

Ola!

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol encárgase do servizo de recollida de cans e gatos abandonados na vía pública, así como da xestión de animais de compaña sen fogar ou entregados polos seus propietarios para fomentar a súa adopción. A partir de agosto de 2026, a xestión directa do centro de acollida pasa a mans de Servigal, garantindo a continuidade e a máxima calidade na atención aos animais.

O proxecto conta cun equipo profesional e con veterinarios dedicados a atender os animais do centro en función das necesidades de cada momento.

Recollemos os animais que están perdidos ou abandonados nas rúas dos concellos que integran a Mancomunidade: Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.

Benestar animal como filosofía de vida

O Refuxio de Mougá é un espazo protexido onde acollemos animais domésticos que necesitan comezar de novo. Ofrecemos asistencia integral, vixilancia e cariño constante para garantir a súa calidade de vida mentres agardan por unha familia definitiva.

Se precisas solicitar o ingreso dun animal no noso centro, podes descargar aquí o formulario correspondente.

Se ves un animal camiñando só e sen a compaña de ningunha persoa responsable, por favor, chama ao 112 ou á Policía Local do teu Concello para que desde o refuxio poidamos activar o protocolo de recollida.

© Refuxio de Mougá 2026

Contacto

Lugar de Mougá, s/n (Esmelle)
15594 Ferrol, A Coruña

(+34) 981 003 039

refuxio@ferrol.es

Horario

Luns a venres de 09.00 a 19.00 horas.

Sábados de 09.00 a 14.00 horas.